27 Nov BLOGME TENDAL XVIII. Tendal pret-a-porter
Se o vento fose dependente de tenda de roupa….! Aquí dá ganas de vestir este tendal. As roupas de chica por abaixo e o calzoncillo por riba. Salto olímpico ascendente e descendente. De verán e paseo pola praia de … Vilarube. Por exemplo.
Pódese ser máis perverso (facilonamente perverso) e pensar que esa roupa non é de dúas persoas, senón de unha. Dun rapaz que ó saír da ducha salta sobre o tendal, viste o calzoncillo (sen mans!) chega ó chan e rebota (nunha demostración de salto olímpico sen trampolín) e viste o vestido que lle cadre.
Ou é chica quen salta. E leva por fóra esa roupa lixeira, aventada, suxerente (pola manía desa roupa de dicir como son as formas da portadora) pero por dentro leva roupa interior masculina …!?
E
Toda a felicidade deste tendal de patio interior ten de veciño a un tendal de condón. Invisible. Agachado. Avergonzado. Reprimido. Nese tendal a roupa non seca ben! Non lle saberemos a cor da roupa interior pero imoslla cheirar no ascensor! A frescura do vento correndo pola roupa para arriba non ambientador que a remede! (Aquí un taco)
Sen comentarios