05 Nov BLOGME TENDAL XV. Dobre tendal
Todo a secar: A roupa e mais a súa sombra. O que se ve e o que non se ve, a realidade e a apariencia, as virtudes e os vicios…. Existe a convención de tender a roupa íntima contra a parede, tapada pola roupa pública e principalmente pola semipúbica (As sabas da cama). Este tendal é tan sincero que nolas deixa ver pola súa sombra. Pero calma! a mais desa roupa é roupa de bebé.

Sen comentarios