BLOGME TENDAL XIV. Un tendal nunha gaiola

30 Out BLOGME TENDAL XIV. Un tendal nunha gaiola

Pechado coma un bicho nun zoolóxico. Só lle falta o cartel “Non alimentar ós animais/Don’t feed the animals”. Parece un gran mamífero posto de perfil. A cabeza á esquerda, negra. As patas dianteiras poderosas, pouca barriga, ata as patas traseiras, máis curtas, e un alegre rabo, longo. E un bichiño pequeno, branco ó seu carón. Se cadra é o can do zoo.

A cor da pel, variada, será por camuflaxe, ou por picardía.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: