23 Out BLOGME TENDAL XIII. Un tendal axeitado
Un tenda axeitado á tendedeira. Porque quen tende é muller. Claramente. Colga a roupa de pinzas como pode, pero as camisas como debe. En perchas. Así aforra de planchar.
Xa non tende como tendía, está claro. Pero nos anos mozos seguro que as camisas ían ben estiradas sen que desen de sí, os pantalóns quedarían bonitos incluso na corda. O camisón sería rumbeiro e tería un baile.
Quen de novo bailou de vello dálle un xeito. A señora é maior, o tendalten un aquel de impotencia, pero as plantas lucen a vida qeu lles queda por vivir. A el non o coñecemos, pero a ela quédalle bastante por disfrutar

Sen comentarios