14 Out BLOGME TENDAL XII: un tendal de reflexos
Cando o vin non sabía que pasaba. se había roupa tendida fóra, se había roupa tendida dentro, se había roupa fóra e dentro… se tiña a vista nublada…
Por fin identifiquei o choio: Eran reflexos. Un tendal de reflexos. Moitos reflexos e só dúas pezas de roupa. O sol pon a tender as súas cousas. O sol tende á sombra. As prendas do sol están recén lavadas, hoxe lavou uns pisos e edificios, por iso saen tan enrugadas como o trapo que usou para limpar e o tanga que non sei se roubou, colleu prestado ou usa el mesmo. Porque todo é dourado e amarelo. Con esas cores, supoño que todo é del.
Canalla.

Sen comentarios