08 Out BLOGME TENDAL XI ter estilo sempre
Hai xente que admiro porla súa elegancia. a elegancia, o saber vestir non depende do nivel adquisitivo, senón do gusto… do aquel E quen fixo este tendal ten gusto
Todo está a xogo. a roupa de cama con ela mesma (A armonía ben entendida empeza por un mesmo), co camisón (que ben puido poñerlle un pouco de atención, que ten un pequeno revire. Seguro que levaba presa a muller que o colgou) e todo a xogo ca pintura do edificio.
Ante esta visión da armonía un sinte paz e confía en que no mundo hai un futuro esperanzador

Sen comentarios