BLOGME TENDAL X tendal telefónico

30 Set BLOGME TENDAL X tendal telefónico

Nos tempos do teléfono móbil e o wireless, o teléfono fixo necesita ser dotado de novos usos

tendal teefónico

E non ten nada pero a in cántame a tendal de home solteiro. A vista é tan… así, que a min ata me cheiran eses calcetíns. Os negros por seren negros e os brancos por teren cedidos os elásticos da perneira.
supoño que non terá mellor sitio para tender a roupa. outras veces teño visto pantalóns, camisetas… dá á rúa. non ten nada que ocultar, non ten de que avergoñarse, de acordo. Pero…
Ese punto invasivo que ten abaixo de todo invadindo o campo de visión do veciño de abaixo.
Sempre me amolou asomarme a unha xanela, balcón… e ter diante a roupa do veciño de arriba.
E do cabo do teléfono non deixa de ser reciclaxe. Iso está ben. Aínda queda por ver que outros usos podemos darlle ós tubos do gas, ás canaletas e mesmo ós cabos que atravesan as rúas de parte a parte, de farola a farola.
Iso ténme un punto divertido dos bós. Seguro que hai quen lles topou uso. Espero topalos.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: