BLOGME TENDAL VIII Houston! a roupa non me seca!

19 Set BLOGME TENDAL VIII Houston! a roupa non me seca!

E case non hai mais que engadir

houston! A roupa non me seca!

A aplicación das novas tecnoloxías e formas de comunicación e transporte de enerxía chegan a todas as facetas da nosa vida. Mesmo á arte de tender roupa.
velaquí temos este Tendal Park equipado con antena “Paradójica” (Creación da miña nai) e de televisión. Combina a tecnoloxía con fíos (nalgúns pendura a roupa) coa wireless.
Sabíamos da aplicación da enerxía solar ó secado de roupa. Unha evidencia insuficientemente valorada. Non sabíamos en cambio, destas outras: as ondas hercianas de radio televisión.
Que secará mellor, un informativo ou un concurso?
Haberá especializacións? Programas do corazón para roupa interior… Teleseries para camisetas e blusas… magazines para roupa de entretempo… deportivos para calcetíns…?

Difílmente poderemos topar un tendal tan avanzado. Pero habelos hainos e xa os veremos.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: