04 Set BLOGME TENDAL VI
Un tendal sorpresa. A roupa de levar por fóra é negra, pero a roupa interior é de cor. E aínda máis, este é un tendal con vistas a unha para de autobús. De modo que mentres esperan polo bus a xente pode entreterse co que ofrece este tendal.
Hai bicho. a propietaria está no balcón, limpando, arrombando cousas. Dame pudor a foto porque non pretendo invadir intimidades, mentres o tendal sexa anónimo é máis respetuoso e suxerente e evocador.
Gústame a naturalidade ca que colga a roupa á vista da xente, diante dos que esperan polo bus urbano e ven a roupa e poden pasar un cacho imaxinando como será quen a poña.
E a verdade é que promete.
Pola diferencia entre a roupa exterior e a roupa interior. A roupa exterior é discreta, escura, nin chama a atención de quen a leva nin insinúa as formas que viste. Quen dixo que o negro é elegante? Non será conservador? E mentirán? A vida pública desta roupa é normal, anodina.
En cambio a roupa interior é todo o contrario. Imaxino a explosión que pode significar ver a esa persoa quitarse diante de alguén esa roupa exterior tan discreta para deixar á vista a roupa interior tan corida, alegre, extrovertida, riseira, xoguetona. O que podería ser unha conversa de café con mesa e asento de sofá transfórmase en baile latino, no que a muller manda e o home trata de que non se lle escape. Cando a muller bala ben, o único sitio por onde podes collela é polos ollos.
A vida íntima desta roupa non ten sitio para o aburrimento.
Un tendal complexo e completo. Ambigüo. Incitante.
Prometedor

Sen comentarios