05 Ago BLOGME TENDAL V
Un tendal non sei se triste, desamparado, abandonado… hai máis fíos que roupa. a roupa é básica: de limpeza e calor: interior e toalla.
O abandono, desamparo, tristura… non está na roupa senón no entorno. Eses fíos alambre postos de calquera maneira por quen, seguro, non tende roupa. Todo está collido con pinzas. Ata as sombras.
Pero a roupa está ben colgada. É o entorno. A mesa rota, o quentador (!) quencéndose ó sol, el, que debera estar quentando, que fai aí tirado? Case nin sombra. O bote de pintura. A pileta debe ser o único que se use.
Cambio de idea. Este tendal non é triste. É esperanzado. A esperanza está na roupa ben lavada e colgada. A esperanza de quen sabe coidar de si. Aínda que ó redor feda a abandono.
Roupa dobrada en xeral: 1 de 3
roupa sen dobrar: 2 de 3
camisas colgadas por debaixo: 1/1
camisetas colgadas por debaixo: 7/8
camisetas colgadas por arriba: 1/8
blusas colgadas por debaixo. 1/1
pantalón polo nocello: 1/1
braga por debaixo do elástico: 5/5
braga polo elástico: 5/5
braga estirada 4/5
braga sen estirar 1/5
toalla sen dobrar: 2/4
toalla dobrada: 2/3
calcetíns separados. 1/1
calcetís con pinzas: 1/1
faixa polo van: 1/1
Sen comentarios