BLOGME TENDAL IV

01 Ago BLOGME TENDAL IV

Este é un tendal de autoaxuda: Limpeza interior. Hai algo revirado que impide a armonía. No entorno hai perigos que compre non deixar de lado.

O pano da xanela fala de traballo.  A señora debe ter por ocupación principal a limpeza da casa. Por iso pon a secar o pano fóra do tendal, a man, nunha corda posta a mantenta para collelo fácil, sen esforzo, con só alongar a man. remata o almorzo e limpa, remata a comida e limpa, remata a cea e limpa, limpa, limpa, limpa…

E SEGUIMOS COAS ESTATÍSTICAS

Roupa dobrada en xeral: 1 de 3
roupa sen dobrar: 2 de 3
camisas colgadas por debaixo: 1/1
camisetas colgadas por debaixo: 7/8
camisetas colgadas por arriba: 1/8
blusas colgadas por debaixo. 1/1
pantalón polo nocello: 1/1
braga por debaixo do elástico: 5/5
braga polo elástico: 3/3
toalla sen dobrar: 1/3
toalla dobrada: 2/3
calcetíns separados. 1/1
calcetís con pinzas: 1/1
faixa polo van: 1/1

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: