26 Xul BLOGME TENDAL III
Teño para min que os tendais son o facebook das casas. Pero encriptado. Teño para in que este tendal é de chico. Por como está colgada a camiseta (creo que é unha camiseta) Outra alternativa é que o chico colgou a roupa da chica (pola mesma camiseta) Se é así, o chico quere á chica e ou non sabe colgar roupa ou quedou sen pinzas.
Na foto foime cadrar a perneira do pantalón ca canaleta (alias canella) nun curioso efecto óptico non buscado, pero felizmente topado.

Vou levando conta de como colga a roupa a xente:
Roupa dobrada en xeral: 1 de 3
roupa sen dobrar: 2 de 3
camisas colgadas por debaixo: 1/1
camisetas colgadas por debaixo: 7/8
camisetas colgadas por arriba: 1/8
blusas colgadas por debaixo. 1/1
pantalón polo nocello: 1/1
braga por debaixo do elástica: 5/5
toalla sen dobrar: 1/3
toalla dobrada: 2/3
calcetíns separados. 1/1
calcetís con pinzas: 1/1
Curioso
Sen comentarios