28 Feb PELOS NA LINGUA
Estreamos en Carballo por fin!
e parece que gustou
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/02/25/0003_201102C25C11994.htm
Gústame moito este texto promocional da obra
“Pelos na lingua” está dirixido a todo o mundo: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren sero pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan por que non saben falalo ben, aos que lles dá igual o que se fale ou non en galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo,aos que pensan que debería de ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros todos e todas.
Resume moi ben o espectáculo.
Sen comentarios