De primeiras pensei que era un tendal de home. Pero non. Moita servilleta rosa para un home e camisa branca máis parece blusa. Os panos de cociña xa son neutrais, iso si,vese que tamén as teas nobles pasan por trapos antes de morrer definitivamente. . Pero hai home na casa, xoga ós dados, é autónomo (calendario dunha …xestoría) e viste roupa boa, o pantalón ten reforzada a dobra cunha alorza.
Sen comentarios