Chistes que foron contos

Moitos dos chistes que se contan agora foron contos hai tempo:

Sabes o do perruqueiro que preguntou ó cliente como quería que lle cortase o pelo? É dos máis vellos do mundo.

Sabes o do home que tomaba á súa muller por parva? Agora é un conto moi feminista.

Sabes o do home que quixo morrer rodeado de curas? Agora cóntase con políticos.

Sabes o do … Mudaron as formas pero non o fondo: entreter, facer rir.

E en todas partes hai moito que contar.

Rabuñando un pouco, en todas partes saen personaxes pintorescos ou importantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e sucedidos tráxicos ou cómicos ou amorosos.

Pra esta sesión de contos busco historias do lugar onde vaia contar: libros, literatura local, blogues, páxinas web como www.galiciaencantada.com ou http://patrimoniogalego.net/ e tamén na toponimia e o vocabulario. Nalgúns sitios hai máis, noutros menos, pero en todos hai. E así, créase un repertorio no que se poderá recoñecer o lugar e a xente.

 

Estas historias poderían ser argumentos de series de televisión, pero non saen nas series de televisión. Así que imos contalas!

 

Pódese chegar a elas polas Deputacións de Pontevedra e da Coruña, e tamén polo programa “Ler conta Moito” da Xunta, por culturactiva,  ou comigo directamente.

De que vaiDescargar foto para Cartel