Eran elas!

A fregona foi patentada por un home pero inventada por dúas mulleres. Eran elas!

 

A fregona é unha metáfora do quitar o que se ve pra mirar o que se agocha.

 

A tradición, por exemplo, era máis plural e irreverente do que nos chegou como “tradición”. Máis divertida, vaia. E ser home era máis descansado!

Van historias que son verdades que parecen mentira e outras son de mentiras pero parecen de verdade.


O acceso á universidade, o gusto polo baile, as relacións de parella ou o traballo, o caro que é ser muller… Sen discriminar ás princesas, claro.
Historias peneiradas polo humor, como homenaxe a unha muller que me contou que ela na súa vida só tomara unha decisión importante:

 

Non deixar nunca de tentar ser feliz”.

 

 

Pódese chegar a elas polas Deputacións de Pontevedra e da Coruña, e tamén polo programa “Ler conta Moito” da Xunta, ou comigo directamente.

De que vaiDescargar foto para Cartel