Os cartos andan nas mans de todo o mundo (máis ou menos!), témolos todo o mundo na cabeza (tamén máis ou menos) peeero… case non os tocamos!
Hai quen di que, en realidade, non existen.
Hai quen di que os cartos só deberan estar na man de quen sabe usalos, debera estar avisados os seus efectos, como se fai no tabaco, e debera recomendarse lavar as mans sempre despois de tocalos.
Os contos que falan dos cartos, en realidade falan de como somos e de que nos importa. E da cantidade de estupideces que chegamos a facer por eles!
Se cadra estes contos axudan a botar contas
Dispoñible nos programas das Deputacións de Pontevedra e da Coruña, e tamén nos “Ler conta Moito” da Xunta, ou comigo directamente.