Paxariños!

Paxariños!

Unha sesión de contos con imaxes e sons de paxaros.
Os paxaros son eses veciños nos que non reparamos, pero cando o facemos, oes, que veciños tan agradables!
Como cantan, como visten, e son descendentes dos dinosauros!
E contamos as súas vidas, ditos e xogos.
Porque ós paxaros, ó corvo, á curuxa, ó melro, a bubela, ó cirro… pásanlles cousas bonitas de contar.
Imos contalas!

Pódese chegar a el polas Deputacións de Pontevedra e da Coruña, e tamén polo programa “Ler conta Moito” da Xunta, ou comigo directamente.

Descargar foto para Cartel