Contos de contrabando

A historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.

A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial

sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias

administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.

E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación… se o consiguen ou non sábese no final.