A TODO RISCO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Risco contado A TODO RISCO

Contar a Risco é un deporte de Risco.

É unha das figuras máis polémicas da Xeración Nós.

Fala el nunha das súas Horas publicadas na Región, duns frascos de aromas que gardan o recendo do perfume ben tempo despois de se ter acabado. Risco é a esencia das contradicións desa xente marabillosa que foi a Xeración Nós. Partilla tamén as súas virtudes, se nos acomodamos nos prexuízos, non nos van deixar gozar dun coñón, noctámbulo, bohemio, que gustaba do baile e de gozar da vida ata altas horas (canto miden as altas horas) da madrugada ó café Novelty, ou ó Moderno, ou ó Eirado e a algún café cantante con porta de acceso directa a Berlín, París, a unha sauna sueca ou a unha sala de meditación con arrecendo a kif, onde atoparemos a Otero, Splenguer, Nietzsche, Tagore, Ghandi, D’Annunzio, Casares, a cupletista angelita Ero,pintores, comunistas, taberneiros, a Lamas … falando do viño tostado, dos carros do país, de espiritualidade e beleza, de filosofía e nenos, amañando o mundo, vaia, e botanto unhas risas retranqueiras porque Risco sabía e practicaba (manda carallo!) o humor como xabre que daba solidez, perenne pero sólida, ó estarmos no mundo.

Remedando a Tagore, a quen el presentou na Península: ” a vida dásenos, logo hai que merecela”. E Risco pensaba que só se merecía a vida se se gozaba dela.