“MEU BEN”

09 Dec “MEU BEN”

cartel

XA EMPEZARON OS ENSAIOS!!!!!

logoO próximo espectáculo de Em2 Emoción e Arte (que bonito subtítulo) vai ser: “Meu ben”

 

alvaroUn espectáculo de tres mulleres, tres actrices. Faltan personaxes bos de muller no teatro? Velaquí tedes tres! Kay, Lorraine e Amber. Interpretadas por Elina Luaces, Merce Castro e Rocío González. E dirixidas por Álvaro Lavín. Se non o coñecedes non sabedes o que perdedes. Igual vos sona Teatro Meridional (de Madrid, hai outro en Portugal; comezaron sendo unha mesma compañía)

 

Elaine-MurphyA autora é esta irlandesa de aquí do lado: Elaine Murphy, quen ademáis de actriz, traballa ou traballou nunha ONG de mulleres de onde tirou moita cousa para tecer esta trenza que é “Meu Ben”. E xa estreou outra obra no Abbey Theatre de Dublín.

 

Algúns lembraredes que aló polo agosto preguntei por palabras, pois era para a tradución deste espectáculo, que fixen con Olga Nogueira, e mais Xocas López afortalando o traballo. Cando vexades o espectáculo, igual nin lembrades de que palabras falabamos. Unha palabra no medio das que van dicir as tres actrices vai ser difícil de topar.

Pero tedes que velo. Se sodes homes porque ides sorprendervos. Se sodes mulleres porque…

1Comentario
  • Rafa Bravo
    Publicado ás 19:40h, 09 Decembro Responder

    Oeeeeeeeee!!!!!! Quero vela, poderei este nadal? Moita merda. Bicos

    Rafa

    El 09/12/2013, a les 13.50, Avelino gonzalez va escriure:

Deixa unha resposta a Rafa Bravo Cancelar a resposta

%d bloggers like this: