tendedeiro Tag

BLOGME TENDAL CCCLV: Debruzados

Velaí vai o pantalón! Velaí vai a chaqueta do chándal! Vese que se teñen por eles, o seu peso e o seu corpo fai que non caian da varanda abaixo. Velaí van os calzóns...

BLOGME TENDAL CCCLII: Outro tendedeiro de muller soa.

Tendedeiro de muller traballadora, pendente de chegar á fin de mes, non ten coqueterías nas medias, a roupa interior ten pinta de ser de supermercado ou de feirón. Non hai tempo pra lavar o trapo aparte. Hai tanto que facer e tan mal pago que...

BLOGME TENDAL CCCLI: Mami e os babeiros

Catro babeiros pra lle dar de comer á nena. O terrible sería que a nena collera tal perrencha que manchara non só os catro babeiros, senón tamén o pixama da nai. Cada comida un pixama e catro babeiros...