contos

BLOGMETENDAL DCII: Revolto…

... de roupas sombras, cordas e aire. Sorte que as pinzas, teñen con pulso firme das roupas sombras cordas e aire. Sorte para nós. Pois que sería de nós sen o abrigo das roupas, a suxestións das sombras, o abaneo das cordas e o correr do aire. E...

BLOGMETENDAL DXCIV: Pola man

Collidas polas mans, digo polas mangas! contemplan o mundo. Contemplar non é un acto senón unha actitude. “Agora estou a secar, e mentres seco, espero” Non se sabe se esperan algo. Pero iso é cousa delas. O meu é a serenidade que transmiten, a serenidade de estaren en boa compaña....

BLOGME TENDAL DLXXVI: Paseo de domingo

Mañán de domingo. Mamá e a nena foron de paseo. Facía calor, vestiron lixeiro. A xogo en beige, collidas da man chegaron ó parque e pasaron a tarde. Sentadas na toalla estendida, ela xogou e ela mirou como xogaba. E merendaron e riron e descubriron. O vestido e o...

BLOGME TENDAL CDXCIX: Moitas grazas!

A toalla e os trapos de fregar. Todo un equipo. Son a brigada de limpeza. Sen eles a merda comeríanos a pel e a alma. Máis unha vez: Infinitas grazas a estas prendas sufridas e efémeras...

Risco Contado. A todo Risco.

Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era. O mundo de Risco está esparexido polo Libro da Selva, Harry Potter, os Beatles, o budismo, a marihuana, Walt Disney...