BLOGME TENDAL CCCLV: Debruzados

18 Nov BLOGME TENDAL CCCLV: Debruzados

Velaí vai o pantalón! Velaí vai a chaqueta do chándal! Vese que se teñen por eles, o seu peso e o seu corpo fai que non caian da varanda abaixo.

Velaí van os calzóns… Ooooopá! Estes son lixeiros, leves e promiscuos de seu. Calquera aire os leva. Con calquera aire van. E non volven, déixanse levar. A súa fidelidade está collida con pinzas. Pero non hai pinzas ou non hai ganas de pasar o traballo de ir polas pinzas.

Amarrados logo, como quen amarra o cabalo. Non se vaian desbocar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: