BLOGME TENDAL CCCXLIX: Vida, social.

07 Out BLOGME TENDAL CCCXLIX: Vida, social.

Así como pola noite se contemplan as estrelas, polo día contémplanse os tendedeiros.

Falan. Falan de vez. Tanta cousa contan que dá pudor escoitar.

Este tendedeiro é unha festa comparado con eses edificios que son iguais calquera día a calquera hora do día. Guirnaldas de roupa de cor. Limpa. Arrecendendo a limpo e a alegría e a festa. O vento é a orquestra que toca as melodías cas que as roupas bailan solto e agarrado..

Non é un tendedeiro pacífico, hai moito movemento e haberá disputas. E envexas. Os tendedeiros amosan e fardan tamén.

O do terceiro só viste de negro, no segundo un usa roupa roupa ancha e outro roupa cinguida, e no primeiro un só ten roupa branca e outro lava pouco e mal.

Cada quen que baile e lave e tenda como queira.

E envexe e farde ou non, como queira tamén.

Os tendedeiros son vida que se comparte sen vergonza e co pudor que cada quen teña.

2 Comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: