BLOGME TENDAL CCCXLVII: Infraumbilical

23 Set BLOGME TENDAL CCCXLVII: Infraumbilical

Toda roupa infraumbilical: Pantalóns e calcetíns. O xersei e a toalla estaban de paso.

Existe un criterio en quen lava só roupa infraumbilical.

Pero é un criterio relaxado. Como relaxada é a man que tende os calcetíns desparellados; a min as contas danme calcetíns impares, co que parece que o desemparellamento dalgúns deses calcetíns é xa irreversible.

E o xersei e mais a toalla… mostra da tolerancia infraumbilical hacia o supraumbilical.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: