BLOGME TENDAL XXXXLIII: Culottes

26 Ago BLOGME TENDAL XXXXLIII: Culottes

Sempre me fascinou a capacidade feminina de separar roupas pra lavar.

Pra min que están lavadas a man, por… Hmmm…unha muller coqueta.

Só hai culottes… Os culottes teñen liñas horizontais que compensan a rotundidade das curvas que poida ter. Ó contrario ás liñas triangulares da braga ou do tanga -ou do slip, señores- convencionais, que potenciarían esas mesmas curvas.

Talla …? Pero que máis darán a talla e mais as curvas!

Vese unha muller alegre, das que limpan a casa bailando, hai cor ata na fregona (pero sen pasarse, usa perchas, logo non lle gusta pranchar) A roupa toda estampada dicindo: “Vou ser feliz!”

Sería unha perda de tempo convidala a un café?

Penso que si, mellor a un baile.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: