BLOGME TENDAL CCCXVIII: Persoalidades separadas

25 Feb BLOGME TENDAL CCCXVIII: Persoalidades separadas

Piso compartido, habitacións separadas, tendedeiros individuais e persoas distintas.

O tendedeiro da esquerda é de muller pergueñativa que non usa o balcón, por isto ten un tendedeiro de cordas que o ocupan permanentemente. É posible que a roupa bote ben tempo ó sol e á ama non lle importe. Tamén é posible que cando a recolla quede enriba da cama ou dun asento á espera do momento propicio pra dobrala ou usala.

O tendedeiro da dereita é de home ordenado que abre o tendedeiro portátil cada vez que o precisa e recólleo cando a roupa xa está seca. Supoño que dobrará a roupa de contado nos seus caixóns e percheiros. Nun cuarto sempre ordeado

Como somos!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: