BLOGME TENDAL CCXCV: Inseguridade tendal

17 Set BLOGME TENDAL CCXCV: Inseguridade tendal

Se eu fose roupa non deixaría que me tendesen aí. Non creo que cumpra os mínimos de seguridade laboral. O tendedeiro é o posto de traballo da roupa a secar. E ten que ter uns mínimos.

E se cae. Si, pode haber alguén debaixo, pero… e a roupa? Debruzada nun chan inevitablemente suxo, vaise manchar innecesariamente por neglixencia patronal, pode ser pisada, arrastrada, relada, e ela sábeo, fixádevos como se arrima.

Roupa en negro, sen pinzas, sen papeis.

En caso de desastre, deséxolle que teña bo vento e… voe. Roupa negra como paxaro negro ou nube negra, como corvo ou nube de tormenta.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: