BLOGME TENDAL CCLXXII: Desparellado

09 Abr BLOGME TENDAL CCLXXII: Desparellado

Está ben ir conxuntada por se un día tes unha urxencia inesperada e tes que ir ó médico, e como te vai ver se tes a parte de arriba que non combina nin farta de viño ca parte de abaixo. Que vai pensar de ti? Que es unha desleixada. E queda feo. E quedas mal.

Pero se vas desparellada e as lavas a un tempo, por que poñelas tan afastadas unha da outra? É que non se levan?

Iso si. O bonito é que a corda do tendedeiro si que combina ca cor da parede. Se un día tes unha urxencia inesperada e ten que ir unha ambulancia á casa, vai ver o conxuntado que está o tendedeiro.

E queda bonito. E quedas ben.

 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: