Vendimando historias na Ribeira Sacra

15 Abr Vendimando historias na Ribeira Sacra

etapa sacrata (1)

Cando vin a foto, pasoume o que pasa ás veces cando ves unha peza de arte contemporáneo e empezas a revirar a cabeza a ver se lle colles o xeito. E non llo collo. Non sei é cubismo ou estructuralismo, nin sequera se é escultura ou que. O caso é que por alí me levaron, a iso, a vendimar historias, levoume unha boa vendimadora, Sonia Seijasetapa sacrata (10)

de Etapa Sacrata, que ten moi boas ideas para (non visitar) COÑECER o sitio, sentilo, valoralo e, claro, bebelo! Senón que?

etapa sacrata (9)E haiche moito socalco, moita vide e moito camballo por vendimar!

etapa sacrata (13)etapa sacrata (14)etapa sacrata (15)

Dáme cousa o choio porque coñecín xente que valora e sabe desta zona máis ca min e poderían falar con máis propiedade e emoción e, polo tanto, contaxiarvos da paixón que cómpre ter para sacar viño desa terra(?), ou mellor dito: para coidar das vides nesas encostas. Xa vos presentei a Sonia, preséntovos agora a Ale, Queta e Yimi, de Nautico “Os Chancís”. Hai máis!

etapa sacrata (6)

etapa sacrata (18)

Quen ben falan e que gusto dá escoitalos. O can sobre todo, é un magnífico escoitador de conversas. Ou á xente do Colado do Vento … que veñen recollendo músicas e contos e personaxes.

E a propia Sonia e Etapa Sacrata que se presentan en Compostela este xoves, e aproveitaremos para beber un Malcavada, que é viño de alí

Que San Mauro me asista e me teña compaixón, e non me castigue contra a parede como fixeron ca igrexa de Amandi!! Que Xan de Ardán me acompañe facendo o pino nunha lousa

etapa sacrata (12)

Saúde!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: